FELIPE V el Animoso
O seu reinado divídese en 2 períodos, xa que abdicou en 1724 no seu primoxénito Luis, que reinou só 8 meses xa que morríu en 1724 e Felipe reenganchou ata 1746.
A pesar de reinar dúas veces non gobernou nunca
Foi xoguete da influencia francesa(Luis XIV) primeiro e logo da italiana (Alberoni) e mediatizado pola Guerra de Secesión e a súa 2ª esposa que o levou a perder numerosas e claves posicións estratéxicas conduxérono á abdicación no seu primoxénito Luis I, que só durou 8 meses sin pena nin gloria, ata que morríu de viruela.
Sálvase o seu penoso goberno a partir de 1729 o bo facer dos ministros Patiño, Campillo e Ensenada
FERNANDO VI el Justo
O seu reinado estivo marcado pola manipuladora e intrigadora Isabel de Farnesio, súa madrastra.
Era intelectual, culto, prudente e de corazón noble.
Herdou a Guerra de Sucesión.
O seu reinado e o do seu sucesor Carlos III son o único salvable dos Borbóns en Hespanha
CARLOS III el Político
Sucedíu a seu irmán por parte do pai Fernando VI
Reinaba en Nápoles desde 1734 onde abdicou no seu fillo Fernando para reinar en Hespaña.
Era traballador, protector das artes (que cultivaba), metódico e virtuoso.
Pesa na súa contra a súa fobia contra Inglaterra que o levou a firmar o 3º Pacto de Familia con Francia polo que se declarou a guerra contra Inglaterra e perdíuse La Habana e Manila. Portugal que se mantivo neutral foi invadida polas tropas hespanholas e en América apoderáronse da colonia de Sacramento. Pola Paz de París (1763) restaurouse a paz e conseguíuse a devolución de La Habana e Manila, pero perdéronse Florida e as posesións ó E. e O. do Mississipi; en compensación Francia donoulle Luisiana. Polo Tratado de San Ildefonso (1777) fírmase a paz con Portugal polo que se recuperaban Sacramento e as Illas de Fernando Poo e Annobón (Guinea) a cambio de territorios que se agregaron ó Brasil lusitano.
Con Luis XVI de Francia apoiou a rebelión dos colonos de América do Norte contra a metrópoli sublevados en 1764 o que nos levou a outra guerra contra Inglaterra ca intención de recuperar Xibraltar, cousa que non se conseguíu pero sí Menorca, Florida e Honduras.
No seu reinado producíuse o famoso Motín de Esquilache (1766) motivado polos ministros italianos, prescindíu ó principio do seu reinado de ministros hespanhois, marqués de Esquilache e J. Grimaldi que ordearon recortar os sombreiros anchos e as capas largas que usaba o pobo polos sombreiros de tres picos e as capas cortas, o que motivou o motín e os correspondentes desordes.
Destaca no seu reinado o Conde de Campomanes, historiador, académico da Lingua, escritor e economista que foi o impulsor do reformismo de Carlos III. Combatíu os privilexios da Mesta, suprimíu tributos que impedían o desarrollo industrial e impulsou as ciencias.
Ca morte de Carlos III (1788) comezan os reinados das revolucións.
CARLOS IV el Cazador
Prácticamente non reinou xa que era a súa prima e esposa Mª Luisa de Parma, intrigante e inmoral, quen levaba o goberno.
Por recomendación de seu pai, Carlos III, Carlos IV mantivo no Goberno a Floridablanca, pero éste asustado pola Revolución francesa deixou de lado o espíritu innovador e impedíu unha revolución con idearios de soberanía popular e dos dereitos dos homes mediante unha inquisición de correspondencia, folletos, periódicos e libros co apoio da Inquisición.
O seu Ministro Godoy (Decíase amante da raíña María Luisa), que quixo salvar a Luis XVI provocou a guerra con Francia (1793-1795) pola que se perderon Irún, San Marcial, Fuenterrabía e Pasajes. Os franceses ocuparon Bilbao e Vitoria e chegaron ata Miranda. En Cataluña entregaron Figueras, acto que o pobo tomou coma traición dado que estaba moi ben defendida. Godoy optou pola paz de Basilea de 1795 pola que a República de Francia devolvía todas as prazas conquistadas e Hespanha cedíalle a parte hespanhola de Santo Domingo e lles permitía perante 6 anos a saca da ganado lanar, cabalos e ieguas de Andalucía. A ilusión de restaurar a monarquía borbónica en Francia levou a Carlos IV a firmar unha alianza defensivo-ofensivo (S. Ildefonso 1796) tan perxudicial para Hespanha coma o Pacto de Familia, declarándolle de novo a guerra a Inglaterra, con Nelson ó frente da escuadra inglesa, que levou a perder Trinidad e os ataques a Ferrol. Nas negociacións de paz Inglaterrra-Francia non foi admitida Hespanha. Napoleón impuxo a destitución de Urquijo e puxo de novo a Godoy quen firma os tres tratados que xunguían a Hespanha á vontade tiránica de Napoleón:
1º Declarouselle (1801) a cortísima guerra a Portugal, 16 días pola que Portugal pedíu a paz polo que se satisfaceu a Napoleón e Hespanha conseguía a praza de Olivenza.
2º En 1803 Napoleón obrigou a Godoy a firmar o tratado de neutralidade, polo que Hespanha se comprometía a pagar seis millóns mensuais.
3º En 1805 Firmouse o Convenio de alianza polo que se rompíu con Inglaterra e as escuadras francesas e hespanholas foron derrotadas polos ingleses en Finisterre e Trafalgar.
E aquí comezou o delirio de Godoy de reinar en Hespanha e as maquinacións nefastas con Napoleón. Este só pretendía diñeiro, homes e a conivencia de hespaña nos seus ideais de dominio de Europa. Godoy comezou a destituir e impoñer amigos ata os maiores atrevimentos coma querer casar ó Príncipe de Asturias, futuro Fernando VII, ca irmá da súa muller. Fernando indignouse ante a idea de ser cuñado do valido, pero Carlos IV prestouse a aquiescencia do derrocamento de seu irmá e consogro o rei de Nápoles, cuia coroa pasou a José Bonaparte.
Todo esto e os enganos de Napoleón trouxeron ó Motín de Aranjuez, á abdicación de Carlos IV e á Guerra de Independencia, tan nefasta en mortes e feridos para os hespanhois.
A Guerra de Independencia, para non alargar máis este apartado pódese ver resumida en http://historiagaliza-patinho.blogspot.com.es/
FERNANDO VII el Deseado
De este cobarde só se pode decir que foi felón, déspota, e que lle aplaudía a Napoleón as súas victorias contra o pobo hespanhol que loitaba por restituílo no seu reino.
Tamén, para non alongar moito co seu infausto reinado, pódese ver en:
http://historiagaliza-patinho.blogspot.com.es/
ISABEL II la reina de los tristes destinos
En virtude do testamento de Fernando VII fíxose cargo da rexencia e tutoría da súa filla primoxénita, Isabel II de 3 anos, María Cristina (a 4ª esposa de Fernando VII)
María Cristina exercíu 7 anos, tivo que facer fronte á guerra Carlista, loitas políticas e sublevacións
As guerras Carlistas prodúcense porque Carlos Mª Isidro, irmán de Fernado VII, e os seus seguidores pretenden o trono real.
Na época de María Cristina cabe destacar a Mendizábal, anticlerical e revolucionario.E Espartero, xeneral Isabelino contra os Carlistas.
Espartero obtén a rexencia perante 1841-1843. Derrotado Espartero por unha coalición heteroxénea, obtén a maioría de idade Isabel.
O reinado da veleidosa Isabel II é un reinado de xenerais e de camarillas palacianas.
Suceso importante é a guerra de África que comezou en 1859
O fin do seu reinado chegou, cando veraneaba en San Sebastián, ca Revolución Gloriosa de 1868
De 1868 a 1870 rexíu un Goberno Provisional.
De 1870 a 1873 reinou Amadeo I, fillo de Victor Manuel II, rei de Italia.
De 1873 a 1874 instaurouse a República, desde a abdicación de Amadeo I ata a restauración dos Borbóns con Alfonso XII
ALFONSO XII
A restauración borbónica, con Alfonso XII (Fillo de Isabel II), é obra do Exército.
Con él acabáronse as guerras carlistas. Casouse con súa prima, sobriña de Isabel II, pero ésta morreu ós seis meses.
A Restauración tivo un nome: Cánovas
Morríu ós 28 anos consumido pola tuberculosis.
Os seus 11 anos de reinado deixaron del unha imaxe de caballeroso e afable.
A súa 2ª esposa, María Cristina, asumiría a Rexencia.
Á morte de Alfonso XII a situación era caótica: tempos de inquietude, rencores e zozobras que trouxenron a pérdida das últimas colonias e a guerra con Estados Unidos. O conflicto do 98.
A guerra de Melilla desgastou as tropas que se terían que enfrontar á Estados Unidos.
ALFONSO XIII o rei constitucional
Fillo póstumo de Alfonso XII.
O seu reinado estivo marcado por revoltas, intrigas e o poderío militar que desembocaría na dictadura de Miguel Primo de Rivera..
A Guerra de Marrocos marca esta época.
O seu reinado concluíu ca II República (1931-1936)
Realmente Alfonso XIII non abdicou, dirixíuse a París e despois a Roma, (fuxindo co equivalente a 48 millóns de € depositados en bancos de Londres e París), onde fixou a súa residencia e abdicaría(1-I-1941) no seu 3º fillo Juan de Borbón(Jaime renunciaría en 1933)
A II República estivo marcada pola crise (crak de Wall Street, de 1929), revoltas e conxuras dos exécitos, a igrexa, a CEDA e a nobleza.
Tivo dúas épocas:
1º bienio de esquerdas (1931-1933)
2º bienio de dereita (1933-1935)
A guerra civil daría paso a 40 anos de dictadura do xeneral Franco, que nomearía sucesor a Juan Carlos I.
JUAN CARLOS I
Houbo que aceptalo constitucionalmente porque estaban a salto de mata a dereita máis rancia e os militares golpistas cos fusís detrás das silveiras.
Dín as malas linguas que a morte de seu irmán por un disparo non foi fortuíta.
E ¿Por qué no 23F tardou tanto en posicionarse a favor da democracia?
¿Estivo esperando a ver qué xenerais se poñían a favor ou en contra do golpe de estado?
¿Púxose a favor da democracia cando lle informaron que o golpe fracasaría?
¿Operación político-militar dirixida por él ante un posible grupo de militares ultradereitistas para derrocalo?
Veu a España sin unha cadela, co rabo entre as pernas, e marcha con 2.300 millóns de €, unha vida de luxos e asegurada a herdanza dos seus descendentes.
A Historia poñerá as cousas no seu sitio
O 2-VI-2014 o rei abdica no seu fillo Filipe VI. A saga continúa
ESTA É A TRISTE HISTORIA DOS BORBÓNS QUE NOS REXIRON E QUE NOS LEVARON A MÁIS POBREZA, MÁIS GUERRAS E MÁIS MORTES A UN PRECIO ECONÓMICO ASTRONÓMICO.
SÓ A REPÚBLICA NOS PODE SALVAR DESTA PESTE ANTIDEMOCRÁTICA, ANACRÓNICA E ECONOMICAMENTE INSOSTIBLE.
¡REPÚBLICA XA!